miércoles, 12 de marzo de 2014

Alan Turing.

ALAN TURING. 

Alan Turing naceu en Londres (Gran bretaña) o 23 de Xuño de 1912 e suicidouse o 7 de Xuño de 1954 despois de ser condenado por homosexual.

Dende moi temprana idade demostrou a súa intelixencia. Aos 3 anos tiña unha inusual capacidade para recordar palabras e cóntase que aprendeu a ler por si mesmo en 3 semanas. Aos 8 anos interesouse pola química, montando na súa casa un laboratorio. Aos 13 anos ingresou na escola de Sherborne, na que demostrou un gran inxenio coas matemáticas e a realización de cálculos mentais.

Turing publicou o artículo "On computable numbers, with an application to the  Entscheidungsproblem", onde introducía o concepto do algoritmo e a máquina de Turing.
O artículo atraeu a atención do científico Jhon Von Neumann, o cal ofreceulle unha beca no Instituto de Estudos Avanzados.








Co comenzo da Segunda Guerra Mundial os ingleses déronse conta que necesitaban as matemáticas para descifrar mensaxes secretos, por iso, reuniron en Bletchley Park aos mellores científicos para descifrar as mensaxes Enigma utilizados polos alemáns para comunicarse, entre os que se encontraba Alan Turing, un dos maiores impulsores do proxecto.
Deseando ter mellores máquinas descifradoras crearon a primeira computadora electrónica, chamada Colossus. Basábase na idea da máquina de Turing, encargándose este sobre todo das funcións lóxicas e Thomas H. Flowers, un inxeniero que rediseñou o contador da máquina propoñendo que os datos se almacenaran en tubos de vacíos.
A construción de Colossus tardou dez meses, dende febreiro ata decembro de 1943, e realizouse por etapas e utilizouse persoal distinto en cada unha delas para que ninguén coñecera os detalles da máquina ao completo. Tivo éxito nas súas primeiras probas cun mensaxe real cifrado no ano 1944.
Despois disto construíronse nove máquinas Colossus Mark 2, e a número once acabouse xusto ó final da guerra.


Tivo un papel moi relevante no desenvolvemento da guerra e ao acabar destruíronse oito das dez maquinas existentes. A novena foi desmantelada nos anos 50 e a última foi destruída en 1960 xunto a todos os seus planos, por motivos militares e políticos.






Alan Turing propuso en 1950 para demostrar a intelixencia das máquinas o que hoxe coñecemos como captchas, son probas para determinar se o usuario é un ser humano ou unha máquina, isto é utilizado para mellorar a seguridade na rede. O usuario debe escribir unhas letras ou números que aparecen distorsionados e así se verifica se é unha persoa.



O 7 de Xuño de 1954, Alan Turing foi atopado morto na súa casa. Ó seu carón atopouse unha mazá mordida e supoñeuse que morreu por envelenamento de cianuro. Moitas persoas pensan que a súa morte foi intencionada polo que proclamouse como un suicidio.


O 10 de septembro de 2009 o primeiro ministro do Reino Unido disculpouse en nome do goberno polo trato que recibiu Alan Turing nos seus últimos anos de vida por a súa homosexualidade. Finalmente, o 24 de decembro de 2013, 60 anos despois da súa morte, recibe o perdón da Raíña Isabel II.


O 23 de Xuño de 2001 inaugurouse unha estatua de Turing en Mánchester. Atópase en Sackville Park, entre o edificio da Universidade de Mánchester e a calle Whitworth.


No verán de 2004 inaugurouse o Instituto Alan Turing por o UMIST e a Universidade de Manchester.


A Association for Computing Machinery otorga anualmente o Premio Turing a persoas destacadas pola súa contribución técnicas no mundo da computación.


60 anos despóis validaron a súa teoría da morfoxénesis, explica como as copias idénticas dunha célula diferéncianse en organismos como brazos, pernas, cabeza e cola. Turing teorizou que as células idénticas diferencíanse, cambian de forma e crean patrones a través dun proceso denominado reacción difusión intercelular.

No hay comentarios:

Publicar un comentario