jueves, 3 de abril de 2014

Novas formas de ler.

NOVAS FORMAS DE LER.

A aparición das novas tecnoloxías afectou moito a forma de lectura coa creación dos libros electrónicos ou e-books. O que provocou unha continúa discusión entre os defensores. Pero, nun futuro cercano, convivirán ambolos dous ou un proclamarase vencedor? 


Os libros de papel teñen moitas vantaxes. Primeiro, non conta cunha batería, o que fai máis sinxelo o seu uso, xa que non necesita cargarse. Tampouco necesita conexión a Internet ou un ordenador. Pódese disfrutar dos paseos pola librería na precupara dun libro, colexionar marcapáxinas, e pódese asinar polo autor.

Non só ten vantaxes, senón que tamén conta con desvantaxes que provocan que a xente se decida polo uso dos e-books. As principais desvantaxes dos libros son os prezos, que normalmente son moi altos. Tamén o seu peso e espazo que ocupan na casa.

O libro electrónico revolucionou as novas formas de leer, e este conta con múltiples vantaxes para as persoas. Pode almacenar unha infinidade de libros que ocupan pouco espacio na memoria.
Pesa moito menos e é máis asequible para viaxar. Ademais aforras moito diñeiro, papel e tempo, xa non teñes que desplazarte ata a biblioteca, incluso axudas ao medio ambiente. Non afecta a vista e é moito máis cómodo. Ademais de que conta cun dicionario no caso de que non se entenda unha palabra.

Non só o libro de papel ten desvantaxes, o electrónico tamén, a pesar de que moitas persoas non o crean. Non se pode disfrutar do tacto e olor a papel. O prezo do libro electrónico é moi alto e non é asequible como regalo. Por último, é moito máis fácil a copia tanto legal como non autorizada dos textos. 



martes, 1 de abril de 2014

Estanos Internet a volvernos imbéciles?

¿ESTANOS INTERNET A VOLVERNOS IMBÉCILES?

 Dende a aparición da Internet ata nosos días, mentense unha continua discusión da maneira que esta influíndo a Internet na nosa mente, tanto de forma negativa como positiva. É verdade que dalgunha maneira teña aspectos negativos, pero realmente Intenet estanos a volver imbéciles?

Según o autor estadounidense Nicholas Carr a Internet estanos a  facer moi superficias e tamén afirma que a web está a alterar as nosas habilidades cognitivas. As propostas aportadas por Carr foron demostradas polo diseñador web Jakob Nielsen nun experimento. Colocou una microcámara a 232 voluntarios que seguise os movementos dos seus ollos, desta maneira comprobouse que a maioría realizou unha lectura superficial, sen ler o texto completo. Carr tamén expón que se non se  realiza o "fitness cerebral", as sinapsis neuronais encolleríanse.

En cambio o empresario Charles Ducombe e outras persoas defenden que a Internet fai necesario que a xente coida da súa ortografía e máis a súa forma de expresión. Esto pode confirmarse, por exemplo, as empresas  deben ter unha boa ortografía porque sinón as ventas poderían caer un 50%, e tamén a preocupación da xente por mellorar a súa escritura incluso chegando a seguir contas de correción.

Como podemos ver, a Internet ten inluencias negativas, que nos fan máis superficias, e positivas, como a preocupación pola ortografía, na nosa mente.