jueves, 3 de abril de 2014

Novas formas de ler.

NOVAS FORMAS DE LER.

A aparición das novas tecnoloxías afectou moito a forma de lectura coa creación dos libros electrónicos ou e-books. O que provocou unha continúa discusión entre os defensores. Pero, nun futuro cercano, convivirán ambolos dous ou un proclamarase vencedor? 


Os libros de papel teñen moitas vantaxes. Primeiro, non conta cunha batería, o que fai máis sinxelo o seu uso, xa que non necesita cargarse. Tampouco necesita conexión a Internet ou un ordenador. Pódese disfrutar dos paseos pola librería na precupara dun libro, colexionar marcapáxinas, e pódese asinar polo autor.

Non só ten vantaxes, senón que tamén conta con desvantaxes que provocan que a xente se decida polo uso dos e-books. As principais desvantaxes dos libros son os prezos, que normalmente son moi altos. Tamén o seu peso e espazo que ocupan na casa.

O libro electrónico revolucionou as novas formas de leer, e este conta con múltiples vantaxes para as persoas. Pode almacenar unha infinidade de libros que ocupan pouco espacio na memoria.
Pesa moito menos e é máis asequible para viaxar. Ademais aforras moito diñeiro, papel e tempo, xa non teñes que desplazarte ata a biblioteca, incluso axudas ao medio ambiente. Non afecta a vista e é moito máis cómodo. Ademais de que conta cun dicionario no caso de que non se entenda unha palabra.

Non só o libro de papel ten desvantaxes, o electrónico tamén, a pesar de que moitas persoas non o crean. Non se pode disfrutar do tacto e olor a papel. O prezo do libro electrónico é moi alto e non é asequible como regalo. Por último, é moito máis fácil a copia tanto legal como non autorizada dos textos. 



martes, 1 de abril de 2014

Estanos Internet a volvernos imbéciles?

¿ESTANOS INTERNET A VOLVERNOS IMBÉCILES?

 Dende a aparición da Internet ata nosos días, mentense unha continua discusión da maneira que esta influíndo a Internet na nosa mente, tanto de forma negativa como positiva. É verdade que dalgunha maneira teña aspectos negativos, pero realmente Intenet estanos a volver imbéciles?

Según o autor estadounidense Nicholas Carr a Internet estanos a  facer moi superficias e tamén afirma que a web está a alterar as nosas habilidades cognitivas. As propostas aportadas por Carr foron demostradas polo diseñador web Jakob Nielsen nun experimento. Colocou una microcámara a 232 voluntarios que seguise os movementos dos seus ollos, desta maneira comprobouse que a maioría realizou unha lectura superficial, sen ler o texto completo. Carr tamén expón que se non se  realiza o "fitness cerebral", as sinapsis neuronais encolleríanse.

En cambio o empresario Charles Ducombe e outras persoas defenden que a Internet fai necesario que a xente coida da súa ortografía e máis a súa forma de expresión. Esto pode confirmarse, por exemplo, as empresas  deben ter unha boa ortografía porque sinón as ventas poderían caer un 50%, e tamén a preocupación da xente por mellorar a súa escritura incluso chegando a seguir contas de correción.

Como podemos ver, a Internet ten inluencias negativas, que nos fan máis superficias, e positivas, como a preocupación pola ortografía, na nosa mente.  
 

domingo, 23 de marzo de 2014

Resumo do artigo de Susan Blackmore. Memética.

MEMÉTICA.

Susan Blackmore no seu artigo intenta responder as preguntas "De que debemos despertar? E como?", tendo como respostas a estas pregutas  "O soño do meme" e "vendo que é un soño de meme".

Moitas tradicións relixiosas e espirituais defenden a idea de que a vida é un soño ou unha ilusión, en cambio para as persoas normais que pensan que se trata dun mundo real esta idea non ten sentido. Moitas claves comunican que a visión ordinaria é unha farsa.

Por exemplo, a experiencia mística na cal as persoas "ven a luz" encontrándose que esa nova maneira de ver é moito mellor ca anterior, outra é a práctica espiritual na cal daste de conta de que a túa mente está constantemente chea de pensamentos, sendo a maioría deles inutiles ou pouco productivos, e por último temos a ciencia a cal afirma que o cerebro está oco e non é controlado por ninguén.

Susan intenta responder a súas preguntas a través da ciencia de mellor maneira que pode.

TEORÍA DE DARWIN. A SELECCIÓN NATURAL.

Todo o necesario para que a selección natural comece é organismo capaz de reproducirse nun entorno adecuado. Este entorno debe ser capaz de deixar que o organismo poda crear descendencia, aínda que non toda poda sobrevivir.
O que ocorre é o seguinte: na descendencia do organismo, non todos son idénticos, polo que uns organismos son capaces de sobrevivir mellor que os outros. Estos organismos se reproducirán mellor e producirán maior descendencia. Esta población comenza a alterar o entorno, o que cambia a presións de selección. As variacións no entornos significan que certo número de descendentes empezarán a arreglárselo mellor en certo tipo de lugares, surxindo máis complexidade.

Como resultado da selección natural existen os seres vivos que poblan o noso planeta, pero cal é a natureza da mente?
Susan nos explica un principio moi relacionado coa selección natural. É a teoría dos memes.

UNHA HISTORIA BREVE DO MEME.

Richard Dawkins escribiu "O xen egoísta", no que explicaba que a evolución non ocorre polo ben das especies, senón que é polo ben dos xens. Os xens exitosos propáganse e se non o son, non o fan. Todo o demais é a consecuencia do anteriormente dicho.

O replicador principal era o xen, sen embargo afirma que existe outro replicante no planeta: o meme.

O meme é a unidade teoríca de información cultural transmisible dun individuo a outro, dunha mente a outra, ou dunha xeración a seguinte.

Entonces, se os memes realmente son replicadores comportaranse como os xens, os que sexan capaces de propagarse o faran, e os que non, non o farán. Por conseguinte, o mundo das ideas,tamén chamado memosfera, non se cheará das mellores, máis veradeiras ... ideas senón das ideas sobrevivintes. Neste mesmo proceso de sobrevivir se crearan grupos de apoio mútuo, da mesma maneira que a selección natural os memes se aguparan nos cerebros humáns e chear o mundo das ideas.

Os memes tendrán éxito se son útiles para os seus afritións, pero esta non é a única forma de sobrevivencia dun meme. Podrén aguparse en relixións, cultos, sistemas políticos,...

¿Por que teño a cabeza tan chea de pensamentos?

Se un meme debe sobrevivir, necesita almacenarse nun cerebro humán e ir propagándose polos demais. Se este meme encóntrase oculto nun recuncho da memoria e non he recordado desaparecerá, polo que para asegurar a súa sobrevivencia necesita ser ensaiado unha e outra vez dentro da túa cabeza.

¿Quen son eu?

Non somos máis que complexos de memes coadaptados. Nós, o "eu" é simplemente un grupo de memes que se han xuntado por e para si mesmos. Nós simplemente nos convertimos en anfitrións  de maneira inconciente de un badaxe de complexos meméticos perxudiciais.
Un deles e o "eu", xa que ten unha boa para verse instaladas. Cado se instala os memes apoiáranse mutuamente, ira añadiéndose infinitamente, e o complexo é resistente a evidencia que é falso.

miércoles, 12 de marzo de 2014

Alan Turing.

ALAN TURING. 

Alan Turing naceu en Londres (Gran bretaña) o 23 de Xuño de 1912 e suicidouse o 7 de Xuño de 1954 despois de ser condenado por homosexual.

Dende moi temprana idade demostrou a súa intelixencia. Aos 3 anos tiña unha inusual capacidade para recordar palabras e cóntase que aprendeu a ler por si mesmo en 3 semanas. Aos 8 anos interesouse pola química, montando na súa casa un laboratorio. Aos 13 anos ingresou na escola de Sherborne, na que demostrou un gran inxenio coas matemáticas e a realización de cálculos mentais.

Turing publicou o artículo "On computable numbers, with an application to the  Entscheidungsproblem", onde introducía o concepto do algoritmo e a máquina de Turing.
O artículo atraeu a atención do científico Jhon Von Neumann, o cal ofreceulle unha beca no Instituto de Estudos Avanzados.








Co comenzo da Segunda Guerra Mundial os ingleses déronse conta que necesitaban as matemáticas para descifrar mensaxes secretos, por iso, reuniron en Bletchley Park aos mellores científicos para descifrar as mensaxes Enigma utilizados polos alemáns para comunicarse, entre os que se encontraba Alan Turing, un dos maiores impulsores do proxecto.
Deseando ter mellores máquinas descifradoras crearon a primeira computadora electrónica, chamada Colossus. Basábase na idea da máquina de Turing, encargándose este sobre todo das funcións lóxicas e Thomas H. Flowers, un inxeniero que rediseñou o contador da máquina propoñendo que os datos se almacenaran en tubos de vacíos.
A construción de Colossus tardou dez meses, dende febreiro ata decembro de 1943, e realizouse por etapas e utilizouse persoal distinto en cada unha delas para que ninguén coñecera os detalles da máquina ao completo. Tivo éxito nas súas primeiras probas cun mensaxe real cifrado no ano 1944.
Despois disto construíronse nove máquinas Colossus Mark 2, e a número once acabouse xusto ó final da guerra.


Tivo un papel moi relevante no desenvolvemento da guerra e ao acabar destruíronse oito das dez maquinas existentes. A novena foi desmantelada nos anos 50 e a última foi destruída en 1960 xunto a todos os seus planos, por motivos militares e políticos.






Alan Turing propuso en 1950 para demostrar a intelixencia das máquinas o que hoxe coñecemos como captchas, son probas para determinar se o usuario é un ser humano ou unha máquina, isto é utilizado para mellorar a seguridade na rede. O usuario debe escribir unhas letras ou números que aparecen distorsionados e así se verifica se é unha persoa.



O 7 de Xuño de 1954, Alan Turing foi atopado morto na súa casa. Ó seu carón atopouse unha mazá mordida e supoñeuse que morreu por envelenamento de cianuro. Moitas persoas pensan que a súa morte foi intencionada polo que proclamouse como un suicidio.


O 10 de septembro de 2009 o primeiro ministro do Reino Unido disculpouse en nome do goberno polo trato que recibiu Alan Turing nos seus últimos anos de vida por a súa homosexualidade. Finalmente, o 24 de decembro de 2013, 60 anos despois da súa morte, recibe o perdón da Raíña Isabel II.


O 23 de Xuño de 2001 inaugurouse unha estatua de Turing en Mánchester. Atópase en Sackville Park, entre o edificio da Universidade de Mánchester e a calle Whitworth.


No verán de 2004 inaugurouse o Instituto Alan Turing por o UMIST e a Universidade de Manchester.


A Association for Computing Machinery otorga anualmente o Premio Turing a persoas destacadas pola súa contribución técnicas no mundo da computación.


60 anos despóis validaron a súa teoría da morfoxénesis, explica como as copias idénticas dunha célula diferéncianse en organismos como brazos, pernas, cabeza e cola. Turing teorizou que as células idénticas diferencíanse, cambian de forma e crean patrones a través dun proceso denominado reacción difusión intercelular.